Redución das/os delegadas/os de prevención nas administracións públicas22-04-2014 - Xestión preventivaO Ministerio de Facenda confirmou que prepara un Real Decreto de modificación da normativa sobre prevención de riscos laborais, que terá como consecuencia unha redución dos delegados sindicais destinados a estas tarefas no seo da Administración Xeral do Estado (AGE). Segundo indicaron fontes do departamento que dirixe Cristóbal Montoro, esta decisión tómase ante a necesidade de adaptar a normativa relativa á prevención de riscos laborais á realidade da AGE e de levar a cabo unha "racionalización dos comités de seguridade e saúde" neste ámbito. | ![]() |
|---|
Desde Facenda explícase que "o cómputo por separado de funcionarios e laborais estaba practicamente duplicando o número de delegados de prevención en comparación coas empresas privadas".
Estes axustes levaranse a cabo "sen menoscabo da posibilidade, establecida pola propia Lei de Prevención de Riscos Laborais, de que se poidan constituír comités de seguridade e saúde noutros ámbitos cando as razóns de actividade e o tipo e frecuencia dos riscos así o aconsellen".
Fonte: europapress.es